Novos modelos de coitelería made in Galiza

Xa facía tempo que non actualizábamos este noso espazo web. Foi para nós unha tempada intensa en canto a traballo se refire. Pero tamén produtiva. E boa conta delo damos cos seguintes traballos que vos queremos amosar.

Trátase de catro modelos de coitelos en mango de buxo, con follas do máis variopintas e para usos diversos. Se queredes coñecer máis detalles sobre as pezas non dubidedes en escribirnos ao mail: mafartesania@gmail.com

IMG_2201

IMG_2204

IMG_2207

IMG_2210

Coitelos de mesa

Por petición pública de moitos os que nos seguides e coñecedes vimos a necesidade de, non só realizar un catálogo impreso dos nosos coitelos, senón tamén de amosarvólos por aquí e por categorías.

Así pois, o que podedes ver a continuación é unha escolma dos nosos coitelos de mesa. ¿Coitelos de mesa? Sí, chamamos así aos coitelos realizados para utilizarse como cubertos de mesa. Deseños artesanos orixinais e calidade que garante un bo corte para calquer tipo de alimento.

Non obstante, tamén se poden utilizar como coitelos de cociña, para pelar e cortar distintos tipos de alimentos.

A continuación describimos as características de cada modelo, que oscilan entre os 5,50 e os 8 euros/unidade.

IMG_7952

Coitelo en aceiro inoxidable e mango de buxo.

IMG_7955

Coitelo en aceiro inoxidable e mango de buxo con filigrana. Este tipo de coitelo realizámolo con tenedor a xogo.

IMG_7958

Coitelo en aceiro ó carbono (o que esixe maiores coidados; deben secarse sempre as follas despois de utilizarse) e mango de cerdeira. Un dos nosos modelos clásicos.

IMG_7959

Coitelo en aceiro inoxidable e mango de buxo.

IMG_7953

Coitelo en aceiro ao carbono e mango de nogal.

Recordade que ésta é só unha escolma. Anque son os principais coitelos que facemos, tratamos sempre de experimentar con novos tipos de madeira e novos deseños, que sempre se poden adaptar ós vosos gustos.

Como puidestedes comprobar, tamén traballamos con dous tipos de aceiro: inoxidable, que é o que actualmente maior saída ten. E con aceiro ao carbono ou para que o entendades, aceiro do que se oxida. O corte soe ser moi bo pero require maiores coidados. Tamén, e posto que falamos dun produto completamente artesanal e co mango en madeira, debe de coidarse moito o secado de cada peza despois de cada lavado; así manterá por máis tempo a súa beleza orixinal.

En próximos post iremos amosando outras pezas e para outros usos. Non vos olvidedes de que para calquer consulta tendes na pestana de contacto os nosos datos.

Saúdos!!

A certeza do corte artesán

Presentámosvos as nosas primeiras gráficas publicitarias. Tiñamos ganas xa de facer algo que promocionase e amosase á vez as vantaxes da coitelería artesanal, que como máis veces vos comentamos, son principalmente calidade e deseño.

Así que aquí está o resultado: tres carteis que amosan «a certeza do corte artesán». E é que polas súas características, escoller un MAF sempre é un acerto 😉

graficas Maf

graficas Maf2

graficas Maf3

Corte e deseño para facer da túa mesa a estrela das comidas!!!

Despois dun longo verán de descanso en medios sociais, voltamos con novidades e con máis coitelería. 

Hoxe queremos amosarvos as posibilidades dos nosos coitelos de mesa, imprescindibles para garantir un bo corte e un bo deseño.

Comezamos co noso modelo en buxe con filigrana no mango. Neste caso temos tamén tenedor a xogo:

IMG_7945

Pero ó mellor preferides o noso coitelo clásico. O mango de sempre en madeira de cerdeira, que loce así de fermoso na mesa:

IMG_7950

E por último unha das nosas pezas estrela. O coitelo de mesa en mango de buxe; un clásico da nosa producción que segue tendo moito éxito:

IMG_7951

Modelos diversos para mesas únicas e orixinais. Recordade que ademáis destos que vos amosavos tamén podemos facer mangos a medida e con deseños orixinais ou en outras madeiras como a de nogal.

O proceso de fabricación artesanal dun mango

A miúdo nas imaxes que subimos dos nosos produtos falamos dos distintos tipos de mangos que deseñamos. Pero nunca falamos con detalle do seu proceso de fabricación.

Ante todo hai que decir que é un proceso totalmente artesanal. Coas nosas mans e co torno imos creando formas caprichosas na madeira, que anque moi semellantes, nunca chegan a ser idénticas. Esto diferénciaas do proceso de fabricación industrial e apórtalle valor á peza.

Pero imos ó lío…

O primeiro é seleccionar o tipo de madeira que queremos para o mango do coitelo. Polo xeral traballamos con madeiras de buxo, de cerdeira, de nogal… anque sempre tentamos innovar neste sentido e probar cousiñas novas.

Unha vez escollida a madeira partímola en pequenos tacos rectangulares que serán os que levemos ó torno para dar forma.

img298

Xa no torno e a través dunha trencha imos dando forma ó mango, redondeando as formas e aplicándolle pequenos adornos que soen ser liñas que facemos cun arame incandescente. Esas franxas negras que vedes nalgún dos nosos mangos non é outra cousa que madeira queimada. Noutros casos facemos o mesmo pero sen queimar, e o resultado amósase con franxas debuxadas na madeira. Todos teñen en común o oco interior no que irá insertada a folla do coitelo.

É un proceso que así explicado parece sinxelo, e anque non é o máis complicado da nosa labor, sí debemos decir que leva o seu tempo pensar no deseño e acabado que queremos darlle ó coitelo. Por suposto insistimos no feito de que sempre tentamos ir un pasiño máis alá  e experimentar con  novas formas e madeiras.

img297E finalmente, procedemos ó vernizado. Para iso penduramos nun soporte con puntas cada un dos mangos, e metémolos en conxunto no noso particular cubo de verniz, que posteriormente secamos ó aire libre e boca abaixo.

img302

Para rematar o extremo máis delgado de cada mango levará unha argola para fixar a folla do coitelo e para darlle un mellor acabado á peza.

Como vedes, levamos tantos anos facendo esta labor que xa é para nós un «coser e cantar». Poden saírnos cousas máis ou menos fermosas, pero o importante é que facemos o que nos gusta e desfrutámolo!!!

Coitelos, edición especial

Tamén con motivo da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto quixemos facer unha edición especial de coitelos xamoneiros e coitelos de cociña. 

Realizados en madeira de  buxo e aceiro inoxidable, a particularidade é que cada un deles leva distintas pirografías no mango. Un ornamento diferente para unha peza única, e que amosa así de fermosa.

Son un pouquiño máis caros que os modelos de sempre, pero a diferencia ben merece a pena. Para consultarnos sabedes que podedes facelo a través do noso mail: mafartesania@gmail.com, ou ben telefónicamente.

IMG_3872

IMG_3870

IMG_3873

IMG_3868

IMG_3869

Coitelos sangradores en tamaño pequeno

Un dos éxitos deste pasado domingo na VIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto foi esta peza de coitelería que vos amosamos.

Trátase dun modelo de coitelo sangrador en tamaño pequeno. Os coitelos sangradores son coitelos de folla longa utilizados comúnmente no rural para tareas de matanza. Anque sobra decir que cada un pode darlle o uso que considere.

Para esta ocasión quixemos facer unha peza como a dos coitelos sangradores pero en pequeno, co tamaño aproximado cun coitelo de mesa.  Unha ferramenta realizada completamente en aceiro (mango incluído) e cunha orixinal forma.  A intención?? Facer unha peza orixinal que sirva para uso doméstico e tamén para adorno ou obxecto de colección.

O éxito foi tal que aquí volo deixamos por se vos interesa facervos con un. Sabedes que podedes contactar con nós a través do noso mail: mafartesania@gmail.com ou ben telefónicamente.

17

18

IMG_2240

A nosa experiencia na Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Falaron de nós, os ferreiros de Riotorto, no diario El Progreso  de Lugo como «los últimos mohicanos del hierro». E moi acertadamente, porque en Riotorto xa quedamos poucos ferreiros en activo, e con apenas sucesores no oficio.

Así que sempre que se presenta a ocasión, aproveitamos para reafirmarnos como artesáns do ferro e intentamos revalorizar un pouquiño esta profesión en peligro de extinción.

Unha destas ocasións é sen dúbida a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, un dos acontecementos máis importantes do concello, e no que sacamos suor e lágrimas para darlle ó visitante unha experiencia inolvidable. Inolvidable porque parte do atractivo da feira, que este ano celebrou a súa oitava edición, son as mostras en vivo. Os ferreiros participantes forxan, afían e tornean en directo, e permiten tamén experimentar coa ingre e o martelo a quen o desexe. Unha mostra moi suculenta para todo o que se acerque. E é que este tipo de eventos non só permiten a compra-venta de artigos de artesanía, senón que supoñen un acercamento á nosa cultura, á nosa historia.

E por suposto, nunca faltan postos de alimentación, decoración, etc. así como música e animacións de rúa.

Así pois, se non puidestedes vir por non ter coñecemento ou polo motivo que fose, aquí vos deixamos unha pequena mostra en imaxes da nosa Feira do ano: Vivan as festas e viva a artesanía!!!!

IMG_3884

 

IMG_3926

IMG_3927

IMG_3966

IMG_3961

IMG_3958

IMG_3956

IMG_3953

IMG_3967

IMG_3977

IMG_3986

IMG_4038

IMG_4086

IMG_4119

IMG_4111

IMG_4105

IMG_4089

IMG_4088

Xa chega a VIII edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Un ano máis, e ás portas do mes de Abril, temos que falar dunha cita que debera ser obrigada para todos os fanáticos da cultura galega ou da artesanía.  E é que xa non queda nada para que se celebre a VIII edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto!!!

Será o vindeiro día 13 de Abril, un domingo de Semana Santa, e promete moitas e moi fermosas cousas. Por adiantarvos algo:

. Despois da apertura da feira, ás 11.00h, haberá demostracións en vivo cos Ferreiros de Riotorto.

. Demostracións de outros oficios artesanais como a alfarería, a talla en madeira, un obradoiro do proceso de obtención de carbón vexetal, etc.

. Obradoiro de ferro infantil, para os máis pequenos.

. Animación de Rúa e actuacións musicais.

. Moitos postos de artesanía, de alimentación, de moitas cousiñas.

Non o esquezades: 13 de Abril a partires das 11 da mañá.

1798265_752279224791819_954703450_n

díptico VIII Feira Riotorto

En MAF tamén sacamos a nosa «Colección de outono»

Non somos Dior, nin Bimba & Lola, nin sequera do grupo Inditex 😛

Pero tamén traballamos con entusiasmo no noso, e á fin, temos en común con algunhas destas marcas o feito de que aplicamos o deseño en todo o que facemos. Así que como era de esperar, sacamos a nosa particular colección ou producción para este inverno.

Coitelería de mesa. Coitelería de cociña. Coitelería xamoneira e de carne. E tamén esa coitelería que tanto nos reclaman hacia finais de ano, e que ben axuda nas tareas da matanza tan típicas do rural galego.

Coitelos para todos os gustos, en madeiras de buxe, de cerdeira, de nogal… En aceiro inoxidable ou aceiro ó carbono.

Aquí vos deixamos unha mostra en fotos do que a partires deste intre podedes atopar no noso taller ou en distintos puntos de venta.

E recordade: son bos, son MAF, e son Artesanía de Galicia!!

IMG_1500

IMG_1502

IMG_1510

IMG_1515

IMG_1516