Un ano máis, e ás portas do mes de Abril, temos que falar dunha cita que debera ser obrigada para todos os fanáticos da cultura galega ou da artesanía. E é que xa non queda nada para que se celebre a VIII edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto!!!
Será o vindeiro día 13 de Abril, un domingo de Semana Santa, e promete moitas e moi fermosas cousas. Por adiantarvos algo:
. Despois da apertura da feira, ás 11.00h, haberá demostracións en vivo cos Ferreiros de Riotorto.
. Demostracións de outros oficios artesanais como a alfarería, a talla en madeira, un obradoiro do proceso de obtención de carbón vexetal, etc.
. Obradoiro de ferro infantil, para os máis pequenos.
. Animación de Rúa e actuacións musicais.
. Moitos postos de artesanía, de alimentación, de moitas cousiñas.
Non o esquezades: 13 de Abril a partires das 11 da mañá.