Novos modelos de coitelería made in Galiza

Xa facía tempo que non actualizábamos este noso espazo web. Foi para nós unha tempada intensa en canto a traballo se refire. Pero tamén produtiva. E boa conta delo damos cos seguintes traballos que vos queremos amosar.

Trátase de catro modelos de coitelos en mango de buxo, con follas do máis variopintas e para usos diversos. Se queredes coñecer máis detalles sobre as pezas non dubidedes en escribirnos ao mail: mafartesania@gmail.com

IMG_2201

IMG_2204

IMG_2207

IMG_2210

Anuncios

A nosa experiencia na Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Falaron de nós, os ferreiros de Riotorto, no diario El Progreso  de Lugo como “los últimos mohicanos del hierro”. E moi acertadamente, porque en Riotorto xa quedamos poucos ferreiros en activo, e con apenas sucesores no oficio.

Así que sempre que se presenta a ocasión, aproveitamos para reafirmarnos como artesáns do ferro e intentamos revalorizar un pouquiño esta profesión en peligro de extinción.

Unha destas ocasións é sen dúbida a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, un dos acontecementos máis importantes do concello, e no que sacamos suor e lágrimas para darlle ó visitante unha experiencia inolvidable. Inolvidable porque parte do atractivo da feira, que este ano celebrou a súa oitava edición, son as mostras en vivo. Os ferreiros participantes forxan, afían e tornean en directo, e permiten tamén experimentar coa ingre e o martelo a quen o desexe. Unha mostra moi suculenta para todo o que se acerque. E é que este tipo de eventos non só permiten a compra-venta de artigos de artesanía, senón que supoñen un acercamento á nosa cultura, á nosa historia.

E por suposto, nunca faltan postos de alimentación, decoración, etc. así como música e animacións de rúa.

Así pois, se non puidestedes vir por non ter coñecemento ou polo motivo que fose, aquí vos deixamos unha pequena mostra en imaxes da nosa Feira do ano: Vivan as festas e viva a artesanía!!!!

IMG_3884

 

IMG_3926

IMG_3927

IMG_3966

IMG_3961

IMG_3958

IMG_3956

IMG_3953

IMG_3967

IMG_3977

IMG_3986

IMG_4038

IMG_4086

IMG_4119

IMG_4111

IMG_4105

IMG_4089

IMG_4088

Xa chega a VIII edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Un ano máis, e ás portas do mes de Abril, temos que falar dunha cita que debera ser obrigada para todos os fanáticos da cultura galega ou da artesanía.  E é que xa non queda nada para que se celebre a VIII edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto!!!

Será o vindeiro día 13 de Abril, un domingo de Semana Santa, e promete moitas e moi fermosas cousas. Por adiantarvos algo:

. Despois da apertura da feira, ás 11.00h, haberá demostracións en vivo cos Ferreiros de Riotorto.

. Demostracións de outros oficios artesanais como a alfarería, a talla en madeira, un obradoiro do proceso de obtención de carbón vexetal, etc.

. Obradoiro de ferro infantil, para os máis pequenos.

. Animación de Rúa e actuacións musicais.

. Moitos postos de artesanía, de alimentación, de moitas cousiñas.

Non o esquezades: 13 de Abril a partires das 11 da mañá.

1798265_752279224791819_954703450_n

díptico VIII Feira Riotorto