A nosa experiencia na Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Falaron de nós, os ferreiros de Riotorto, no diario El Progreso  de Lugo como “los últimos mohicanos del hierro”. E moi acertadamente, porque en Riotorto xa quedamos poucos ferreiros en activo, e con apenas sucesores no oficio.

Así que sempre que se presenta a ocasión, aproveitamos para reafirmarnos como artesáns do ferro e intentamos revalorizar un pouquiño esta profesión en peligro de extinción.

Unha destas ocasións é sen dúbida a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, un dos acontecementos máis importantes do concello, e no que sacamos suor e lágrimas para darlle ó visitante unha experiencia inolvidable. Inolvidable porque parte do atractivo da feira, que este ano celebrou a súa oitava edición, son as mostras en vivo. Os ferreiros participantes forxan, afían e tornean en directo, e permiten tamén experimentar coa ingre e o martelo a quen o desexe. Unha mostra moi suculenta para todo o que se acerque. E é que este tipo de eventos non só permiten a compra-venta de artigos de artesanía, senón que supoñen un acercamento á nosa cultura, á nosa historia.

E por suposto, nunca faltan postos de alimentación, decoración, etc. así como música e animacións de rúa.

Así pois, se non puidestedes vir por non ter coñecemento ou polo motivo que fose, aquí vos deixamos unha pequena mostra en imaxes da nosa Feira do ano: Vivan as festas e viva a artesanía!!!!

IMG_3884

 

IMG_3926

IMG_3927

IMG_3966

IMG_3961

IMG_3958

IMG_3956

IMG_3953

IMG_3967

IMG_3977

IMG_3986

IMG_4038

IMG_4086

IMG_4119

IMG_4111

IMG_4105

IMG_4089

IMG_4088

Anuncios