En MAF tamén sacamos a nosa «Colección de outono»

Non somos Dior, nin Bimba & Lola, nin sequera do grupo Inditex 😛

Pero tamén traballamos con entusiasmo no noso, e á fin, temos en común con algunhas destas marcas o feito de que aplicamos o deseño en todo o que facemos. Así que como era de esperar, sacamos a nosa particular colección ou producción para este inverno.

Coitelería de mesa. Coitelería de cociña. Coitelería xamoneira e de carne. E tamén esa coitelería que tanto nos reclaman hacia finais de ano, e que ben axuda nas tareas da matanza tan típicas do rural galego.

Coitelos para todos os gustos, en madeiras de buxe, de cerdeira, de nogal… En aceiro inoxidable ou aceiro ó carbono.

Aquí vos deixamos unha mostra en fotos do que a partires deste intre podedes atopar no noso taller ou en distintos puntos de venta.

E recordade: son bos, son MAF, e son Artesanía de Galicia!!

IMG_1500

IMG_1502

IMG_1510

IMG_1515

IMG_1516

Onde comeza todo…

«Nacía o sol, cando Evanú, que tiña a tribo numerosa, recibiu o mandado da revelación: «onde atopes mineral da cor dos grandes ollos, lévao contigo para a casa, daraslle lume en tempo de vermello e farás con él o que ti queiras e corresponda para gobernares a terra e mesmo os inimigos, que serán moitos cada vez, porque xa os ríos e as montañas están prohibidas para ti, se non as gañas»…

E cercou vales, puxo lindes de valados, fixo choupana de pedra e colmo. Prendeu lume nun espacio aberto, botou a terra, barro, garabullos, leña… na morea da esperanza. E todo ardía e deu calor. Cando era a noite, o mineral brillaba e cada lufada de vento traveseiro levantaba as muxicas.  Evanú, aluarado de gozo, cumpriu o designio e bateu coa pedra dura no mineral ardido, daba formas, aguzaba os picos, compuña os apeiros, que deu en chamar ferramentas, sen saber por qué. Pasaron días e noites dando lume, ata que caeu a poalla, coma un manto, e entón o home das barbichas virou costas ao forno, entrou na choupana e levaba consigo un corpo de machado, puntas de lanza…

En Ferreiravella hai o engado do son da ingre e o martelo que non se apaga na noite nin de sol a sol. É o son lexítimo da auga mineral que non reborda nunca a estatura da serra do Pousadoiro, inicio do Cordal do Cantábrico, rebeldía da montaña contra a comichura do tempo. Abaixo o río Ferreira, que descende cara ao Torto e bebe do val; e as matrias chámanse O Mazo, Soutelo, A Granxa, Espasande, Aldurfe, Moxueira, Meilán, As Rodrigas, Órrea, Galegos, Riotorto… O vello Evanú percorreu esta terra cos andares das caldas e dos mazos, encanando as augas bravas, aloumiñando as fontes coma os cervos e os xabaríns, as lebres e os azores. 

Ningún ferreiro sabe a xénese da tribo da forxa, porque os amanuenses gardaron as orixes nun arcón de bidueira, que comeu a rela. Só quedan os ecos e a voz dos martinetes romanos, que van desde Espasande á Veiga e penetran coa néboa nas terras dos Oscos, por Asturias.»

Anaco de A tribo sabe. Xosé Vázquez Pintor

Ninguén mellor que este mestre da letra escrita para describir en forma de fábula a orixe da tradición dos ferreiros en Riotorto. Hoxe pareceume axeitado deixarvos un pequeno anaco da súa obra, A tribo sabe, para describirvos onde comeza todo.

E é que un ferreiro, coma calquer outro artesán, conta cun taller propio e customizado ó seu antoxo para dar renda solta á súa creación. Aí é onde a tradición se mezcla co bo facer de cada artesán e onde se xeneran verdadeiras xoias da artesanía, que non teñen maior finalidade que a de enriquecer a cultura dun pobo.

IMG_1530

A producción de MAF sae de aquí. Neste escuro obradoiro, con cicatrices de moitos anos de oficio, é onde cada coitelo se vai forxando a golpe de martelo e á calor do lume de carbón. Onde cada cacho de metal cobra o protagonismo dunha peza de museo e onde as mans do ferreiro van collendo a marcas de anos de sabeduría popular.

Aquí, ó fin, é onde comeza todo…