O proceso de fabricación artesanal dun mango

A miúdo nas imaxes que subimos dos nosos produtos falamos dos distintos tipos de mangos que deseñamos. Pero nunca falamos con detalle do seu proceso de fabricación.

Ante todo hai que decir que é un proceso totalmente artesanal. Coas nosas mans e co torno imos creando formas caprichosas na madeira, que anque moi semellantes, nunca chegan a ser idénticas. Esto diferénciaas do proceso de fabricación industrial e apórtalle valor á peza.

Pero imos ó lío…

O primeiro é seleccionar o tipo de madeira que queremos para o mango do coitelo. Polo xeral traballamos con madeiras de buxo, de cerdeira, de nogal… anque sempre tentamos innovar neste sentido e probar cousiñas novas.

Unha vez escollida a madeira partímola en pequenos tacos rectangulares que serán os que levemos ó torno para dar forma.

img298

Xa no torno e a través dunha trencha imos dando forma ó mango, redondeando as formas e aplicándolle pequenos adornos que soen ser liñas que facemos cun arame incandescente. Esas franxas negras que vedes nalgún dos nosos mangos non é outra cousa que madeira queimada. Noutros casos facemos o mesmo pero sen queimar, e o resultado amósase con franxas debuxadas na madeira. Todos teñen en común o oco interior no que irá insertada a folla do coitelo.

É un proceso que así explicado parece sinxelo, e anque non é o máis complicado da nosa labor, sí debemos decir que leva o seu tempo pensar no deseño e acabado que queremos darlle ó coitelo. Por suposto insistimos no feito de que sempre tentamos ir un pasiño máis alá  e experimentar con  novas formas e madeiras.

img297E finalmente, procedemos ó vernizado. Para iso penduramos nun soporte con puntas cada un dos mangos, e metémolos en conxunto no noso particular cubo de verniz, que posteriormente secamos ó aire libre e boca abaixo.

img302

Para rematar o extremo máis delgado de cada mango levará unha argola para fixar a folla do coitelo e para darlle un mellor acabado á peza.

Como vedes, levamos tantos anos facendo esta labor que xa é para nós un “coser e cantar”. Poden saírnos cousas máis ou menos fermosas, pero o importante é que facemos o que nos gusta e desfrutámolo!!!

Anuncios

Arrancamos…

MAF, pequena empresa de coitelería artesanal, comeza a súa andaina pola rede co fin de amosar parte da producción que tantos anos leva facendo, e amosar curiosidades sobre a marca e o oficio da forxa e ferrería. Agardamos que sexa unha experiencia productiva para tod@s!!!