Onde comeza todo…

«Nacía o sol, cando Evanú, que tiña a tribo numerosa, recibiu o mandado da revelación: «onde atopes mineral da cor dos grandes ollos, lévao contigo para a casa, daraslle lume en tempo de vermello e farás con él o que ti queiras e corresponda para gobernares a terra e mesmo os inimigos, que serán moitos cada vez, porque xa os ríos e as montañas están prohibidas para ti, se non as gañas»…

E cercou vales, puxo lindes de valados, fixo choupana de pedra e colmo. Prendeu lume nun espacio aberto, botou a terra, barro, garabullos, leña… na morea da esperanza. E todo ardía e deu calor. Cando era a noite, o mineral brillaba e cada lufada de vento traveseiro levantaba as muxicas.  Evanú, aluarado de gozo, cumpriu o designio e bateu coa pedra dura no mineral ardido, daba formas, aguzaba os picos, compuña os apeiros, que deu en chamar ferramentas, sen saber por qué. Pasaron días e noites dando lume, ata que caeu a poalla, coma un manto, e entón o home das barbichas virou costas ao forno, entrou na choupana e levaba consigo un corpo de machado, puntas de lanza…

En Ferreiravella hai o engado do son da ingre e o martelo que non se apaga na noite nin de sol a sol. É o son lexítimo da auga mineral que non reborda nunca a estatura da serra do Pousadoiro, inicio do Cordal do Cantábrico, rebeldía da montaña contra a comichura do tempo. Abaixo o río Ferreira, que descende cara ao Torto e bebe do val; e as matrias chámanse O Mazo, Soutelo, A Granxa, Espasande, Aldurfe, Moxueira, Meilán, As Rodrigas, Órrea, Galegos, Riotorto… O vello Evanú percorreu esta terra cos andares das caldas e dos mazos, encanando as augas bravas, aloumiñando as fontes coma os cervos e os xabaríns, as lebres e os azores. 

Ningún ferreiro sabe a xénese da tribo da forxa, porque os amanuenses gardaron as orixes nun arcón de bidueira, que comeu a rela. Só quedan os ecos e a voz dos martinetes romanos, que van desde Espasande á Veiga e penetran coa néboa nas terras dos Oscos, por Asturias.»

Anaco de A tribo sabe. Xosé Vázquez Pintor

Ninguén mellor que este mestre da letra escrita para describir en forma de fábula a orixe da tradición dos ferreiros en Riotorto. Hoxe pareceume axeitado deixarvos un pequeno anaco da súa obra, A tribo sabe, para describirvos onde comeza todo.

E é que un ferreiro, coma calquer outro artesán, conta cun taller propio e customizado ó seu antoxo para dar renda solta á súa creación. Aí é onde a tradición se mezcla co bo facer de cada artesán e onde se xeneran verdadeiras xoias da artesanía, que non teñen maior finalidade que a de enriquecer a cultura dun pobo.

IMG_1530

A producción de MAF sae de aquí. Neste escuro obradoiro, con cicatrices de moitos anos de oficio, é onde cada coitelo se vai forxando a golpe de martelo e á calor do lume de carbón. Onde cada cacho de metal cobra o protagonismo dunha peza de museo e onde as mans do ferreiro van collendo a marcas de anos de sabeduría popular.

Aquí, ó fin, é onde comeza todo…

Estivemos na VII Feira dos Ferreiros de Riotorto!!!

O pasado Domingo, 21 de Abril, celebrouse, como xa vos tiñamos comentado, a VII edición da Feria do Ferro de Riotorto, e por suposto nós estivemos alí facendo honor ó noso pobo e ó oficio.

A continuación deixámosvos unha serie de fotografías tomadas na Feira, onde podedes ver os ferreiros de Riotorto que poñen cara a dita celebración, o noso posto (coa producción de MAF ó completo) ou mostras do oficio.

E por si gostades de saber un pouqiño máis sobre a Feira (que dito sexa de paso, foi un éxito!!) e sobre os Ferreiros de Riotorto, adxunto ESTE LINK á crónica que precisamente un «riotortense» fixo para o xornal El Progreso de Lugo.

DSC_0039

DSC_0024

DSC_0021

DSC_0018

DSC_0017

DSC_0016

DSC_0015

DSC_0010

DSC_0007

DSC_0006

DSC_0005

DSC_0004

DSC_0003

VII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

Este domingo, 21 de Abril, celébrase a VII Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto, e MAF estará alí amosando a súa producción e facendo demostracións do oficio en vivo.

Ademáis, a Feira contará con numerosos e variados stands, obradoiros e música.

Un evento que non vos podedes perder… Agardámosvos!!!

547656_10200326214712426_1290568771_n

MAF como regalo de boda

De vez en cando fannos encargos como éste:  Un xogo de doce coitelos de mesa e dous de cociña.

¿Os destinatarios? Unha parella de recén casados, a quen o noso cliente quixo agasallar coa producción de MAF.

Para tal ocasión, artellamos unha caixa tamén artesanal de madeira, co noso logotipo grabado na tapa mediante pirografía, e o nome da parella de noivos nun lateral.

O resultado víase así de fermoso!!

DSC_0004

Machetes

Principalmente nas carnicerías soen utilizarse este tipo de ferramentas: os machetes, que anque poden ter varios usos, están pensados (pola súa folla longa e pesada, e polo seu corte) para cortar a carne.

Aquí vos deixamos algúns modelos fabricados por MAF.

Coitelería

Velaquí unha mostra da coitelería para uso doméstico.

As follas dos coitelos poden realizarse en aceiro inoxidable ou en aceiro ó carbono.

En canto ós mangos, esta pequena escolma amosa distintos modelos que se tornean en madeiras de buxo ou cerdeira, principalmente.

Coitelo de mesa en maderia de buxo.

Coitelo de mesa en madeira de buxo.

Coitelo de mesa en madeira de cerdeira.

Coitelo de mesa/cociña en madeira de buxo, sen vernices.

Coitelo para cociña (indicado para cociñar con patacas e verduras) en madeira de cerdeira.

Coitelo de cociña en madeira de cerdeira.Coitelo de cociña en madeira de  buxo.

Coitelo xamoneiro en madeira de buxo.

Coitelo xamoneiro en madeira de cerdeira.

Coitelo xamoneiro en madeira de buxo.