De vez en cando fannos encargos como éste: Un xogo de doce coitelos de mesa e dous de cociña.
¿Os destinatarios? Unha parella de recén casados, a quen o noso cliente quixo agasallar coa producción de MAF.
Para tal ocasión, artellamos unha caixa tamén artesanal de madeira, co noso logotipo grabado na tapa mediante pirografía, e o nome da parella de noivos nun lateral.
O resultado víase así de fermoso!!