Un dos éxitos deste pasado domingo na VIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto foi esta peza de coitelería que vos amosamos.
Trátase dun modelo de coitelo sangrador en tamaño pequeno. Os coitelos sangradores son coitelos de folla longa utilizados comúnmente no rural para tareas de matanza. Anque sobra decir que cada un pode darlle o uso que considere.
Para esta ocasión quixemos facer unha peza como a dos coitelos sangradores pero en pequeno, co tamaño aproximado cun coitelo de mesa. Unha ferramenta realizada completamente en aceiro (mango incluído) e cunha orixinal forma. A intención?? Facer unha peza orixinal que sirva para uso doméstico e tamén para adorno ou obxecto de colección.
O éxito foi tal que aquí volo deixamos por se vos interesa facervos con un. Sabedes que podedes contactar con nós a través do noso mail: mafartesania@gmail.com ou ben telefónicamente.